Sobrecarga administrativa
Contactos, documentos e tarefas repartidos entre ferramentas e mensaxes.
Solución Centralizar o necesario e reducir traballo repetitivo.
Plataforma dixital para prácticas formativas
Centros e empresas, mellor conectados. Discerna organiza a información das prácticas e ofrece máis claridade do que sucede durante a formación en empresa.
Programas desenvolvidos


O reto
Os centros, as empresas e o alumnado participan nun mesmo proceso, pero non comparten unha visión do seu avance.
Contactos, documentos e tarefas repartidos entre ferramentas e mensaxes.
Solución Centralizar o necesario e reducir traballo repetitivo.
É difícil saber que está pasando ata que xorde un problema ou rematan as prácticas.
Solución Facer un seguimento continuo durante toda a estancia.
Non hai relación entre o traballo na empresa e o aprendizaxe prevista.
Solución Conectar as actividades con obxectivos claros.
Como funciona
Discerna actúa como unha capa facilitadora entre os centros formativos, as empresas e o alumnado: organiza a información, permite a planificación e aforra tempo.
Reunir empresas colaboradoras, prazas, alumnado e documentación nun mesmo lugar.
Facer explícitas as actividades e os obxectivos que orientan cada estancia.
Facilitar o rexistro, a revisión e a consulta do progreso das prácticas.
Analizar os resultados obtidos e mellorar os procesos e planificacións.
Para quen
Unha visión organizada de empresas, prazas e estancias para dedicar menos tempo a recompilar información e máis a acompañar o alumnado.
Unha referencia para orientar as actividades e facilitar a comunicación co centro e a validación do traballo realizado.
Coñecer os obxectivos da práctica e deixar constancia das actividades desenvolvidas e das aprendizaxes adquiridas.
O produto
Todas as funcionalidades do produto están pensadas para facilitar e mellorar o desenvolvemento das prácticas formativas en cada ámbito.
Actividades e obxectivos claros para orientar a titorización e conectar as tarefas coa formación.
Rexistro do traballo realizado, con evidencias e validación das persoas titoras.
Organización das entidades colaboradoras, contactos, ofertas e oportunidades clasificadas.
Vinculación entre titores dos centros e das empresas, coa información necesaria dispoñible.
Unha visión da evolución do alumnado para identificar cuestións que requiren atención.
Información preparada para consultar o estado das estancias e facilitar o peche e rexistro.
Se coordinas prácticas formativas, titorizas alumnado ou representas a unha empresa que colabora con centros, a túa experiencia pode axudarnos a mellorar Discerna.
Falemos dunha colaboración