Plataforma dixital para prácticas formativas

Unha visión
compartida nas prácticas.

Centros e empresas, mellor conectados. Discerna organiza a información das prácticas e ofrece máis claridade do que sucede durante a formación en empresa.

Información
unificada
Seguimento
compartido
Aprendizaxe
visible
Discerna - Plataforma dixital multidispositivo

Programas desenvolvidos

1º premio Santander X Explorer 2026 USC Lugo SpaceLer a noticia da USC

O reto

Cando a información se dispersa, as prácticas complícanse.

Os centros, as empresas e o alumnado participan nun mesmo proceso, pero non comparten unha visión do seu avance.

Sobrecarga administrativa

Contactos, documentos e tarefas repartidos entre ferramentas e mensaxes.

Solución Centralizar o necesario e reducir traballo repetitivo.

Seguimento reactivo

É difícil saber que está pasando ata que xorde un problema ou rematan as prácticas.

Solución Facer un seguimento continuo durante toda a estancia.

Desconexión formativa

Non hai relación entre o traballo na empresa e o aprendizaxe prevista.

Solución Conectar as actividades con obxectivos claros.

Como funciona

Un proceso conectado, visible e organizado.

Discerna actúa como unha capa facilitadora entre os centros formativos, as empresas e o alumnado: organiza a información, permite a planificación e aforra tempo.

  1. 01

    Organizar as prácticas

    Reunir empresas colaboradoras, prazas, alumnado e documentación nun mesmo lugar.

  2. 02

    Conectar formación e empresa

    Facer explícitas as actividades e os obxectivos que orientan cada estancia.

  3. 03

    Supervisar a evolución

    Facilitar o rexistro, a revisión e a consulta do progreso das prácticas.

  4. 04

    Mellorar o desempeño

    Analizar os resultados obtidos e mellorar os procesos e planificacións.

Para quen

Unha mesma práctica.
Tres perspectivas.

Centros formativos

Máis control, menos carga

Unha visión organizada de empresas, prazas e estancias para dedicar menos tempo a recompilar información e máis a acompañar o alumnado.

Empresas

Expectativas máis claras

Unha referencia para orientar as actividades e facilitar a comunicación co centro e a validación do traballo realizado.

Alumnado

Aprender con máis orientación

Coñecer os obxectivos da práctica e deixar constancia das actividades desenvolvidas e das aprendizaxes adquiridas.

O produto

Da planificación ao que realmente se aprende.

Todas as funcionalidades do produto están pensadas para facilitar e mellorar o desenvolvemento das prácticas formativas en cada ámbito.

Empresas e prazas

Organización das entidades colaboradoras, contactos, ofertas e oportunidades clasificadas.

Asignación e coordinación

Vinculación entre titores dos centros e das empresas, coa información necesaria dispoñible.

Seguimento e avisos

Unha visión da evolución do alumnado para identificar cuestións que requiren atención.

Documentación e informes

Información preparada para consultar o estado das estancias e facilitar o peche e rexistro.

Dashboard de Discerna

Queremos colaborar con quen vive as prácticas cada día.

Se coordinas prácticas formativas, titorizas alumnado ou representas a unha empresa que colabora con centros, a túa experiencia pode axudarnos a mellorar Discerna.

Falemos dunha colaboración

Contacta

Falamos?

mail@discerna.es

Escríbenos e poñerémonos en contacto contigo.

Preferencias de cookies

Actualmente non usamos cookies opcionais. A cookie de sesión do formulario é técnica e só se utiliza para protexer os envíos.

O aviso gárdase localmente no navegador para non repetilo en cada visita.

Consultar a política de cookies